Conversa:Mauregato

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Continuo coa revisión dos artigos de monarcas segundo os estudos especializados en lingua galega. A miña proposta é que tal e como é visible no texto, e acorde aos sucesores, a caixa de sucesión de Mauregato e a súa categorización de "rei asturiano", pase a adoptar as teses actuais desta época, que autores como López Teixeira, López Carreira e Nogueira -entre outros- veñen acuñando. En definitiva, que Mauregato sexa entendido como un princeps ou rei da Galicia altomedieval, e non dun hipotético reino de Asturias, saido da pluma dos historiadores españoisa fíns ao romanticismo ou nacionalismo, xa dende o século XIX. Asi dotaremos ao artigo -e todos aos que liga- dunha concordancia que estimo desexable.--Alexandre Vigo 12:08, 28 de abril de 2010 (UTC)

Para os que somos legos na materia estaría ben indicar nome do autor, título da obra, editorial e ano de publicación, para poder consultalo. Xoacas(non che sinto?) 15:14, 28 de abril de 2010 (UTC)
Recuperados e ampliados os dados bibliográficos previamente revertidos por ti, están á disposición de todos, listos para consultar.--Alexandre Vigo 18:39, 28 de abril de 2010 (UTC)