Conversa:Masoucos, Castroverde

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

É unha informacion sacada de: http://www.concellodebaralla.org/concello/notalegal.php

Onde pon: Os Contidos deste sitio web, tanto textos, fotografías, logos, ilustracións e demais elementos que aparecen na web, son propiedade do titular da web ou ben de terceiros, quedando expresamente prohibida o uso ou reproducción total ou parcial para fins que non sexan os meramente informativos, sendo calquera outra forma de explotación unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial do titular da web ou do titular dos mesmos

Se se considera oportuno sacalos por considerarse unha infracción, acatareino como tal é eliminarie a informacion encontrada nesta páxina do concello de baralla.

Un saudo —o anterior comentario sen asinar foi feito por 212.163.35.44 (conversacontribucións)


Grazas pola información. As limitacións ao uso dese material non as poñemos nós senón o propio titular dos dereitos, neste caso o sitio web do Concello de Baralla (evidentemente esa limitación só pode aplicarse a aqueles textos que sexan da súa autoría, das reproducións que eles mesmos teñan doutros textos son os autores orixinais quen teñen que determinar o seu uso). En consecuencia non se poden reproducir textualmente ditos textos e deben retirarse. O exposto ata agora non implica que vostede non poida utilizar como fonte dos datos a páxina sinalada (sempre que os datos sexan exactos) cunha redacción propia. Quero dicir, que vostede pode obter de aí información sobre como foi mudando o número de parroquias, ou dos accidentes xeográficos da zona sen que iso sexa unha violación dos dereitos de autor. E utilizando esa información no contexto do texto que vostede redacte. Asimesmo pode incluír unha cita co texto entre aspas (") citando a orixe. Para calquera aclaración deixe unha mensaxe aquí mesmo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:43, 29 maio 2007 (UTC)
Por favor non retire a mensaxe de atención que puxemos, debe facelo un usuario do wiki cando o artigo sexa comprobado. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:54, 29 maio 2007 (UTC)


Espero as vosas aclaracións, e melloras posibles no artigo(que será muitas). Espero que o poñer a orixe dos datos solucione o problema, e poida ser aceptado.


Unha cousa é unha cita e outra poñer a orixe dos textos. Non basta con poñer que un texto se colleu dun sitio ou outro, hai que ter en conta as condicións da licenza dese sitio. O sitio web de Baralla dí claramente que non permite a reprodución libre dos seus textos, polo tanto non é suficiente dicir que proceden desa páxina. Aqueles parágrafos que sexan unha reprodución literal do sitio web do concello de Baralla deben retirarse e reescribir o artigo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:07, 29 maio 2007 (UTC)

Espero que agora sí. Redactei o parágrafo con problemas, espero as vosas suxerencias. Unha aclaracion; O sitio web di: "quedando expresamente prohibida o uso ou reproducción total ou parcial para fins que non sexan os meramente informativos", por eso creia que o texto que copie, era meramente informativo. En nigún caso con fins lucrativos, ou outros fins, eso si, era unha copia literal da informacion aparecida nese sitio. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Tacho3 (conversacontribucións)

Grazas polas explicacións e por rexistrarte. Polo que vin o texto que procede en concreto desta páxina do Concello de Baralla: http://www.concellodebaralla.org/concello/divisionmunicipal.php Comecei a revisar o artigo e semella que se só é ese o texto en cuestión basta con redactalo doutro xeito e manter os datos (se son exactos). A licenza da Wikipedia permite algo máis co uso dos seus materiais a efectos informativos, permítese o uso comercial (por exemplo, dese xeito unha páxina personal que inclúa publicidade pode republicar o que publicamos aquí sen problemas) e as obras derivadas (que se creen outros materiais en base a estes) sempre que se cite ao autor ou autores. Se a páxina de orixe pon restricións ao uso comercial non podemos manter os textos aquí. Outra cousa é que se trate dunha cita ou se ese texto é unha mera relación de datos (como neste caso os nomes das entidades de poboación deses antigos concellos) ou outras informacións que non poidan ser obxecto de dereitos de autor (como as leis e semellantes). Unha vez aclarado an que parte do artigo hai que traballar retirei o marcador atención e puxen a referencia á páxina que contén os datos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:47, 29 maio 2007 (UTC)


Moitas gracias a ti pola tua compresión ;), e axuda. Xa vin os cambios. Para futuras colaboracions, tomarei nota. Un saúdo.--Tacho3 14:18, 29 maio 2007 (UTC)

Non hai de que, aínda queda por volver a redactar algúns parágrafos pero non tiven tempo de facelo. Grazas por colaborar connosco. un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:54, 29 maio 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (outubro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Masoucos, Castroverde. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de outubro de 2018 ás 11:31 (UTC)[responder]