Conversa:Mámoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cadro[editar a fonte]

Para un resto arquitectónico que aparece en varias partes do globo, dudo que veña ó caso colocar o cadro de arquitectura prehistórica en Galicia.

Saudos--Carronada 03:02, 22 febreiro 2010 (UTC)

Eu tamén penso que non sobra.--83.165.36.80 05:19, 22 febreiro 2010 (UTC)

Creo que habería que "desgaleguizar" ese cadro, que se debería referir máis á arte prehistórica en xeral (non hai feitos artísticos prehistóricos exclusivos de Galicia, que eu saiba), pero cun apartado que faga alusión expresa a Galicia (en definitiva, as alusións que xa hai aos diferentes complexos megalíticos, castrexos, etc galegos). E antes que nada, por favor, o título debe mudar: un petroglifo non é arquitectura nin nada semellante. Hai que lograr un consenso sobre isto. Se cadra deberíamos expolo na taberna. --Xoacas(Góstache o pemento?) 10:45, 22 febreiro 2010 (UTC)

O artigo leva a confusión, non todos os túmulos son mámoas, os túmulos etruscos por exemplo desde logo que non son mámoas. Os dolmens tampouco son mámoas, os dolmens correspóndense coas antas (a cámara mortuoria) pero só se considera mámoa se estaba cuberto por un montículo de terra. E ademais as mámoas só as hai durante o Neolítico (Historia de Galicia. Anselmo López Carreira, páx. 41 por ex.) Unha mámoa ten unha tipoloxía específica e peculiar e é dun tempo concreto, por moito que outros se asemellen non son mámoas cando menos na linguaxe científica. A elección da fonte tamén é enganosa xa que ese dicionario recolle definicións de termos da Arqueoloxía e Prehistoria de Galicia, polo que non fai falta especificar que non se aplica fóra do NO da Península Ibérica nin dicir que debaixo non pode haber unha tumba dun rei coreano, que é algo totalmente fóra de lugar.--Sernostri (conversa) 2 de outubro de 2013 ás 11:15 (UTC)