Conversa:Más País

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Máis País»)

"Máis" vs "Más"[editar a fonte]

Prefiro non mudar tódolos "Máis País" do artigo (empezando polo título) por "Más País" antes de propoñervos que o máis razoable, e creo que o que se adoita facer nestes casos é mante-lo nome real do partido, que neste caso é "Más País". Non hai sitio ningún no que se denominen "Máis País", quitando algunha tradución sen referencia ou as automáticas dos xornais dixitais. Os nomes que tiveron as candidaturas presentadas nas eleccións do 10 de novembro de 2019 son:

En Barcelona e Baleares: Más País. En Alacant, Castelló e Valencia: Més Compromís. En Biscaia: Más País Candidatura Ecologista. En Cádiz, Granada, Málaga e Sevilla: Más País Andalucía. En Zaragoza: Más País-Chunta Aragonesista-Equo. No resto de circunscripcións nas que se presentaba (Asturias, A Coruña, Madrid, Murcia, As Palmas, Pontevedra e Santa Cruz de Tenerife): Más País-Equo.

E isto é no referente ás candidaturas presentadas para estes comicios en concreto. O partido fundado por Íñigo Errejón, sobre o que entendo que vai o artigo, está rexistrado como Más País. Ogaiago (conversa) 13 de novembro de 2019 ás 17:51 (UTC)[responder]