Conversa:Lugh

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Esta frase non creo que deba estar no artigo, cando menos onde está agora: Nos nosos días, Lugh esta presente na festa do 1 de agosto: Lugnasad (Lûnasa en grafía moderna). En realidade non se celebra o deus Lugh, celébranse determinados ritos celtas ou que pretenden ser celtas ou simplemente é unha excusa para escoitar música celta (por exemplo o Lugnasad da República Checa [1] , pero o Lugnasad que se celebra no século XXI pouca relación ten co deus como para figurar no artigo. Supoño que haberá en Grecia moitísimos festivais dedicados aos deuses gregos pero non creo que deban figurar nos artigos deses deuses, xa que en realidade non celebran eses deuses como tales, son máis ben festivais turístico-festivos que utilizan eses deuses para montar unha festa. Iso sen contar coa falta de referencias, non hai case nada procurando en google Lûnasa, xa que é Lúnasa, que é unha palabra irlandesa e que en realidade celebra o final do verán e o comezo do outono, pero a referencia que aparece agora está totalmente descontextualizada --RNC 17:54, 27 outubro 2009 (UTC)
Para o Lugnasad de Bretoña pódese ver este artigo [2], podería ter un artigo de seu, pero metelo desctontextualizado no artigo de Lugh xa non me parece serio. Polo que estou vendo o Lugnasad foi un festival antigo que se mantivo aínda despois da cristianización de Irlanda, pero con outro carácter, mantivo o nome non tanto polo deus como por que ese deus deu o nome ao mes de agosto en irlandés: lúnasa. Outra cousa son as recreacións modernas da Lugnasad, que son iso recreacións.--RNC 18:22, 27 outubro 2009 (UTC)