Conversa:Lonxitude (homónimos)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Chamo a atención de que en todas as linguas da nosa contorna fora do castelán(1) diferencian o concepto cartográfico lonxitude do concepto físico longura, así:

  • Español Longitud / Longitud
  • Francés Longitude / Longueur
  • Inglés Longitude / Length
  • Italiano Longitudine / Lunghezza
  • Portugués Longitude / Comprimento

Certamente os dicionarios galegos (agás o Estraviz) dan preferencia a lonxitude fronte a longura, mais tales dicionarios son nefastos en cuestións técnicas e científicas. Polo tanto eu propoño que cando menos se poña a igual nivel longura e lonxitude, referíndose ao concepto físico. Nótese por outra parte que hai bastantes páxinas da galipedia onde se usa longura. Tamén hai unha páxina onde se usa longura referíndose ao concepto cartográfico, o cal debería corrixirse.



(1) e as linguas fortemente influídas por el, como asturiano ou catalán.