Saltar ao contido

Conversa:Lista de obras públicas de Ramón Conde

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

As obras escultóricas están en castelán, creo que houbo unha perspectiva errada. É escultura pública, neses casos o habitual é que un organismo público (concello, deputación) encargue unha obra (escultura) a un artista pero o título non o escolle o artista, é a institución; así o concello de Pontevedra encargoulle o "Fiel contraste" a Ramón Conde [1] como llo podía encargar a calquera outro. Parece que os títulos están tomados dunha páxina do autor, pero esa páxina é en castelán e a tradición das obras artísticas (esculturas, pinturas) é traducilas, independentemente do título co que lle encargasen a obra, e o autor así o fixo con todo o dereito do mundo. Pero as esculturas están en Galicia e non sei en todos os casos pero a maioría ou unha boa parte seguramente llas encargarían co nome en galego. E nós estamos a poñelas en castelán.--HacheDous=0 (conversa) 10 de setembro de 2017 ás 08:49 (UTC)[responder]

Tes razón HacheDous=0, arranxei as últimas que quedaron. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2017 ás 11:12 (UTC)[responder]

Esculturas en Surrey

[editar a fonte]

Quitei as esculturas de Surrey pq non son obra pública, son esculturas á venda como se pode ver nesta web. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 11:17 (UTC)[responder]

Outras esculturas

[editar a fonte]
Posible escultura en Barro.

Hai que investigar a autoría doutras esculturas:

Son o fillo do autor. Podo confirmar que esta e unha obra sua.
Estamos actualizando a paxina oficial www.ramonconde.com e incluirimos esta obra na proxima version. Se dispondes de mais fotos desta obra podemolas incluir tamen. Ccondeb (conversa) 30 de setembro de 2021 ás 12:51 (UTC)[responder]
Ccondeb Si, hai algunha foto máis desta escultura nesta categoría de Commons, hai que crear a subcategoría pero non o fixen porque non coñezo o nome. Aí hai máis fotos dubidosas, se algunha é incorrecta sería moi interesante coñecelo para ordenala no sitio axeitado. A actualización da páxina web axudaríanos moito a mellorar a lista, polo que volo agradezo. Só un detalle, se reutilizades algunha foto de Commons, lembrádevos de indicar a licenza e autoría desa foto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2021 ás 11:08 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Lista de obras públicas de Ramón Conde. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 10 de marzo de 2020 ás 09:00 (UTC)[responder]