Conversa:Lista de capítulos de O detective Conan

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Cómpre borrar este artigo: xa temos O detective Conan e Lista de episodios de O detective Conan, co que o tema está ben cuberto. Pedro --Lameiro (conversa) 22:23, 9 xaneiro 2010 (UTC)

  • Non é o mesmo. Os episodios son do anime (a serie de debuxos animados, vamos) e os capítulos refírense ao manga (a banda deseñada). De todos os xeitos, coido que non existe tradución ao galego, polo que os títulos que aquí se dan son traducións. --Toliño Fala aquí comigo 11:50, 10 xaneiro 2010 (UTC)
  • Si. É unha tradución dende o título orixinal ó galego. Estou extraendo da lingua inglesa os títulos dos capítulos e tamén dos da edición castelá que teño co título en castelán. Igual, se alguén se anima a axudarme traducindo dende outros idiomas agradézollo.
    • Síntoo entón. Será que os moitos anos non me permitiron ve-la diferenza. Facede como se non dixese nada. Pedro --Lameiro (conversa) 15:21, 10 xaneiro 2010 (UTC)