Conversa:Lira, Salvaterra de Miño

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Malia que escribín eu mesmo o artigo, ordenouse en varias ocasións de xeito moi acertado, por iso deixo en vós as correccións. Un dos lugares vén como Formarigo, pero é realmente O Formarigo, xa que a xente do lugar di: " veño do Formarigo", e non "veño de Formarigo". O caso de Puzo non o teño claro, pero penso que igualmente din: "vivo no Puzo", logo o topónimo sería O Puzo. Ponte Alta estaría ben: "veño de pont'alta".—o anterior comentario sen asinar foi feito por 87.111.155.172 (conversacontribucións) 12:33, 3 de setembro de 2009‎

Arquitectura popular[editar a fonte]

A extensión da sección de arquitectura popular paréceme excesiva. A comarca do Condado ten case 70 parroquias. ¿A arquitectura popular da parroquia de Lira e distinta da das outras? --. HombreDHojalata.conversa 10 de agosto de 2016 ás 20:19 (UTC)[responder]