Conversa:Linguaxe

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Exprésome totalente en descordo co artigo (véxase o apartado "Concepto"). Nese apartado indícase que a linguaxe é un sistema de signos utilizado polos organismos dunha mesma especie para a comunicación. En particular, sistema de signos vocais, linguaxe verbal que é empregada para a comunicación interhumana. / Unha linguaxe é un código que serve para representar, expresar e comunicar...

Semella confundirse linguaxe e lingua (idioma), cando no enunciado principal do artigo xa se expresa esa dificultade: Non se debe confundir con lingua ou idioma.

A linguaxe non é un sistema de signos, é unha capacidade comunicativa, é unha competencia comunicativa. O sistema de signos é a lingua, o idioma concreto que se manifesta no acto de fala. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:05, 6 outubro 2008 (UTC)

Non podo referenciar esta afirmación: Non é de estrañar que os esquimós teñan múltiplas palabras para diferenciar varias cores que nós consideramos baixo o termo "branco", con todo, sei que é certo. Agradezo que alguén o referencie--Xan de ningures 01:17, 10 decembro 2008 (UTC)

Linguaxes animais[editar a fonte]

Creo que esta frase "O termo "linguaxe animal" úsase a miúdo para linguaxes de animais non humanos. Os lingüistas non os consideran linguaxes, senón comunicación animal, pois tal comunicación difire substancialmente en canto aos seus principios básicos do que é propiamente unha linguaxe, a cal se atopa soamente nos humanos" está tirada seguindo dalgún texto en inglés, onde o termo language non é o que linguaxe en galego (ou noutras linguas romances). En galego linguaxe tanto se pode referir para as linguaxes humanas como para as animais, que os lingüistas non consideran linguas pero loxicamente si son linguaxes, xa que o conxunto de sinais comunicativos que intercambian determinadas especies aparece definido no dicionario como linguaxe.--Sernostri (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 21:43 (UTC)[responder]

Ou hai que mudarlle o título ao artigo para linguaxe humana ou deben ir todas as clases de linguaxes, xa que parece que o artigo confunde ás veces lingua con linguaxe.--Sernostri (conversa) 15 de marzo de 2013 ás 21:53 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Linguaxe. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 02:38 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Linguaxe. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 14:54 (UTC)[responder]