Conversa:Laponia (rexión)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Agora mesmo, aparece como xentilicio saami; pero saami é un pobo que habita na Laponia. Un sueco, un noruegués, un finlandés ou un ruso da Laponia non é dende logo un saami. En realidade, o xentilicio para os habitantes da Laponia tería que ser lapón, pero ese termo non aparece nos dicionarios galegos e cando aparece como no caso do DRAG é para o sinalar como incorrecto, o problema é que saami só aparece para os membros do pobo saami, non para os habitantes da Laponia. É dicir que non podemos poñer lapón por ser unha forma expresamente incorrecta nin saami xa que segundo o DRAG non é o xentilicio, xa que non designa o lugar de orixe, senón o membro dun pobo (e hai saamis que levan xeracións fóra de Laponia: en Oslo, Helsinki ou Estocolmo).--HacheDous=0 (conversa) 6 de setembro de 2019 ás 13:37 (UTC)[responder]