Conversa:Lagarta galega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Non son biólogo nin sei case nada de bichos, mais seguro que a foto é unha lagarta galega (Podarcis bocagei)? (Eu dubídoo). A wiki en castelán di que os machos adultos teñen o lombo verde e a beira parda; as femias adultas e inmaduras con lombo e beiras pardos; e con frecuencia ambos os sexos teñen escapular azul. En Galiza parece ser que hai sete tipos de lagarta, a da foto podería ser outra. Alguén pode confirmar algo? Deixo esta ligazón externa [1].--Xoán Carlos Fraga 10:48, 5 de maio de 2010 (UTC)
    • É difícil identifica-la especie con seguridade a través dunha foto, pero así como o macho semella ser unha lagarta galega típica (P. bocagei), pola cor e proporcións (¿escapular azul?) xa non estou eu tan seguro da femia: esas liñas claras bordeadas de negro e ese rabo tan longo (máis do dobre có corpo) fanme pensar nunha lagarta rabuda (Psammodromus algirus). Desta segunda, a guía de Anfibios e réptiles de Galicia (Pedro Galán, Xerais 1993) di que "a cada lado do corpo ten dúas liñas claras lonxitudinais moi ben sinaladas (principalmente nas femias), abrancazadas, ocráceas ou marelas, orladas por liñas pardo escuras ou negras que as fan resaltar máis", e que o tamaño do rabo é 2,2-2,7 veces o corpo nos machos e 2,1-2,4 nas femias. O caso é que "no centro do dorso existe moitas veces unha liña negra vertebral", que non presenta a da fotografía. Para min, como mínimo, a identificación da femia é dubidosa pero tampouco podo ir máis lonxe. Pedro --Lameiro (conversa) 11:00, 17 de maio de 2010 (UTC)