Conversa:La aldea gallega

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non podo asegurar que a primeira edición, 1914, fose en castelán, pero resulta máis que probable xa que se editou en Cadiz e o autor era andaluz e só estivo en Galicia desde 1900 a 1912 (tamén asegura que nunca saíra de Andalucía ata entón). A segunda edición é de Xerais en 1982 (depósito legal), non en 1984, e está titulado e escrito en castelán. Descoñezo se nalgún momento se traducira ó galego. Segundo a política de títulos ¿non debería chamarse este artigo "La aldea gallega", en castelán?

Afírmase no artigo que "Foi escrito por Nicolás Tenorio Cerero entre os anos 1900 e 1906". O propio autor escribe no prólogo que foi trasladado a Viana do Bolo en 1900, nomeado Xuíz de 1ª instancia. Non fala dese traslado que cita o artigo a Vilamartín en 1906, pero o libro, publicado en 1914, escribiuse despois daquelas datas, é de supoñer que a partir dos datos que tomara neses 6 anos en Viana.

Pedro --Lameiro (conversa) 23:35, 28 febreiro 2008 (UTC)