Conversa:Ivo Sanader

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Eliminei o do nome antigo de Ivica Sanader, segundo se desprende da referencia que se achegou, no traballo de fin de carreira en Austria utilizou o nome de Ivica Sanader, e esta é a única referencia, que ben puido ser un erro, (ou descoñezo se Ivica é un equivalente a Pepe en croata que explicaría que fose coñecido en Austria con ese nome xa que en alemán perde o carácter de forma popular ou familiar que podería ter en croata). Pero en todo caso o de antigamente está mal xa que en Croacia sempre foi coñecido como Ivo, segundo se desprende da propia referencia e tan só aparece o de Ivica nese traballo de fin de carreira e nun par de referencias máis, e iso non me parece relevante para darlle o nome de Ivica, ademais no propia texto que intenta servir de referencia aparece isto:We cannot but conclude that Sanader was known as Ivica in Austria, while in Croatia he uses the name Ivo. Government spokesman Ratko Macek says it is a slip, which used to happen a lot in the former country.

Penso que a non ser que se dea unha referencia que estableza que Ivo Sanader utilizou a forma Ivica habitualmente durante X tempo non debemos dar cabida a isto que parece un ruxe-ruxe.--Arco de Rayne 14:54, 30 maio 2008 (UTC). En fin dáme a impresión que sería como poñer José María Aznar (coñecido antigamente como Josemari Aznar) polo que hai que ter coidado con este tipo de referencias que teñen que vir de fontes que se saiban fiables.--Arco de Rayne 15:08, 30 maio 2008 (UTC)

  • Para máis información a fonte orixinal está na portada do diario croata 24 sata:[1], un xornal de estilo sensacionalista.--Arco de Rayne 15:24, 30 maio 2008 (UTC)