Conversa:Illa Santa Cruz, Galápagos
Nome
[editar a fonte]Pregunto: nos nomes de illas como este non hai que poñer a preposición de? Explícome, unha cousa é dicir "En Tenerife está o Teide e en Sicilia está o Etna" e outra distinta é usar a palabra illa, xa que nese caso habería que dicir: "Na illa de Tenerife está o Teide e na illa de Sicilia está o Etna". Caso diferente é cando o nome da illa é un adxectivo (illa Queimada, illa Bonita...) ou cando están en plural (illas Canarias). Entón, non será illa de Santa Cruz? Ou tal vez non hai que incluír a palabra illa e titular "Santa Cruz (illa, Galápagos)" ou algo polo estilo.--Miguelferig (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 22:03 (UTC)
- Esa é a tradición galega, clarísimo na galega Illa de Santa Cruz, parece que aquí o que facemos é remedar os costumes (parece que recentes e non sempre aceptados[1]) do castelán, non vexo outra explicación --HacheDous=0 (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 18:11 (UTC)
- As referencias proporcionadas na primeira frase do artigo non solucionan o problema, porque son en inglés (Santa Cruz Island) ou usan Santa Cruz sen ir acompañada da palabra illa ("En Santa Cruz a zona de paseo polo centro de Puerto Ayora..."), e, por certo, esta última ligazón con esta frase está tamén en inglés, non en galego.--Miguelferig (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 18:52 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Illa Santa Cruz, Galápagos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20170426064328/http://www.galapagostour.org/index.php/islas/36-isla-santa-cruz á ligazón http://www.galapagostour.org/index.php/islas/36-isla-santa-cruz
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 13:23 (UTC)