Conversa:Iguanodonte

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Como afeccionado desde sempre aos dinosauros, coido que cumpriría facer algunhas modifcacións ao artigo, sobre todo á afirmación de que o Iguanodón se apoiaba sobre a cola para se manter erguido. Isto é unha falsa crenza moi popular en materia de dinosauros nos inicios do seu estudo. Como en todos os dinosauros bípedes (e moitos cuadrúpedes, como os saurópodos), a cola servía de elemento equilibrador do resto do corpo, como se pode ver máis ou menos na figura da dereita. É máis, moitas especies contaban cunha especie de variñas ríxidas que axudaban a manter a cola recta. --Manudosde 11:44, 5 outubro 2007 (UTC)

  • Eu tamén son afeccionado ós dinosauros, e coido que tes razón. Tes vía libre para facer as edicións que creas oportunas. AlberteSi, digame? 11:53, 5 outubro 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Polarlys eliminou Image:Iguanodon.jpg: In category [[:category:Unknown as of 17 July 2007|Unknown as of 17 July 2007]]; no source;

-- CommonsTicker 14:24, 25 xullo 2007 (UTC)