Conversa:Igrexa católica (homónimos)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

É preciso que está páxina sexa unha páxina de homónimos?, en galego católico vai principalmente referido á Igrexa Católica Romana, por moito que ortodoxos e outros grupos tamén a utilicen.--Cheluco 18:39, 18 de decembro de 2010 (UTC)

En galego católico é moitas cousas, en Galicia católico é o que ten que ver co papa. É moi distinto o seu significado do seu uso. Eu opino que se podemos non contribuír a manter a preponderancia dos papistas entre as xentes de Galicia, deberíamos facelo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:36, 18 de decembro de 2010 (UTC)

Non temos nin que manter nin deixar de manter, ao dicir o anterior referíame as definicións que dá o dicionario da RAG, entre elas: católico: membro da igrexa católica, co exemplo Os católicos deben obediencia ó papa, o que exclúe a ortodoxos por exemplo. --Cheluco 20:43, 18 de decembro de 2010 (UTC)

Pois aplicando a definición stricto sensu sáeme que é tan católico un mebro da Igrexa Católica Romana como un da Igrexa Católica Ortodoxa, como un da Igrexa Vella Católica, como un da Igrexa Católica Nacional Polaca. Todas son igrexas e todas son católicas, ergo todas son igrexas católicas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:45, 18 de decembro de 2010 (UTC)