Conversa:Ignorancia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

En virtude desto [1], e aprezando o engadido de Elvire provinte da wiki francesa, volto a colocar a frase que designa a ignorancia como ausencia de coñecemento como a que encabeza o artigo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 08:08, 4 decembro 2007 (UTC)

Información sobre historia deste artigo, 6 de decembro de 2007[editar a fonte]

Este artigo comezou como unha tradución da versión de 1 de outubro de 2007 da Wikipedia en castelán na que apenas se mudaron unhas palabras (menos dunha ducea, correccións ortográficas), algún marcador e interwikis con respecto á versión inicial que corresponde a 25 de xuño de 2006. Dita versión é unha tradución do inglés ao castelán do mesmo artigo correspondente ao 18 de xuño de 2006 da Wikipedia en inglés.

A versión en inglés —orixe do resto— foi marcada o 10 de setembro de 2006 como OriginalResearch e essay-entry que indican que o artigo contén investigacións orixinais e está escrito como unha reflexión persoal ou un ensaio. Os marcadores permaneceron no artigo ata o 30 de xaneiro de 2007 data na que a entrada foi recortada, recuperando o marcador essay-entry o 14 de marzo de 2007. O 15 de xuño de 2007 múdouse o marcador por unsourced (sen referencias). Seguiron os cambios coa proposta de mover ao Wiktionary ata chegar á versión actual en inglés que é moi distinta á orixinal.

A primeira versión en galego é unha tradución da versión en castelán que é á súa vez é unha tradución do inglés (marcada posteriormente como OriginalResearch e essay-entry). As diferenzas con respecto a ditas versións son correccións chamadas eliminación de frases sen sentido e outros arranxos e as achegas da edición do 4 de decembro de 2007 "(+ cat + un pouco de arranxo metodoloxico)" e do mesmo día "(+)" . Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:47, 10 decembro 2007 (UTC)