Conversa:Guerra sucia na Arxentina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Guerra sucia en Arxentina»)

¿Existe a palabra "sucia" en galego? O equivalente galego de sucio é roñento... sería mellor buscar outro sinónimo.

Untitled[editar a fonte]

  • Si, existe en galego. Podes consultalo no Volga. [1]. Insire sucio na caixa de búsqueda e xa te sae, tamén o feminino. Un saúdo. Alma (fálame eiquí) 23:10, 20 outubro 2007 (UTC)

Hai que mudar Mercés eslamiada por Mercedes Sosa. Haberá que revisar ben a fondo o artigo para atopar posibles erros de tradutor automático. Ademais o artigo é impresionantemente longo e coido que habería que dividir un pouco o seu contido en subseccións. AlberteSi, digame? 15:53, 16 novembro 2007 (UTC)

  • Deixei a explicación no talk de Alberte, o artigo está sendo revisado mentres estamos a facer os máis de 200 artigos que penden deste, así que para evitar este tipo de confusións, voltarei a poñer a etiqueta de enuso, o feito de que sexa impresionantemente longo é porque así é o orixinal que é artigo destacado da wiki es, e eu quero respetar aos editores orixinales, discutídeo na wiki es, e se consinten en cercenar o orixinal, non teño problema en facelo eiquí. Pero non tería sentido xa que hai incribles artigos secundarios e xa foi debatido tanto na es como noutras e chegaron a conclusión de respetar o tamaño impresionantemente longo para darlle primacía á calidade. Alma (fálame eiquí) 16:49, 16 novembro 2007 (UTC)

Extensión[editar a fonte]

En primeiro lugar, que na wikipedia española, ou na nepalesa, se decida conservar un artigo sobre este mesmo tema con tanta extensión, non quere dicir que a wikipedia galega deba facelo. Debería haber argumentacións máis poderosas. Por outra parte, xa que mencionabas, Alma, os debates en es.wp., e querendo coñecer os argumentos que aconsellaban manter este artigo con este tamaño, comprobei que non chegaron a ningunha conclusión nese sentido, como ti erroneamente sinalas, e que as críticas que se fixeron por esta cuestión aínda están pendentes de debate. Creo que este wikiproxecto é, en moitos aspectos, un gran traballo, pero non tería sentido que identificando os erros que ten o artigo na es.wp, de onde fixeches a tradución, os sigamos reproducindo na wikipedia galega. O artigo na es.wp é bo, pero na gl.wp podemos facelo mellor. --Xabier Cid 18:19, 16 novembro 2007 (UTC)

    • Sinalei o talk do artigo na wiki es precisamente polo motivo que sinalas, non se chegou a ningunha conclusión e deicidiuse manter o seu tamaño, eiquí non vexo propostas, só críticas, se queredes dividilo e dado o seu tamaño e o número de artigos que dependen del, facede unha proposta seria, baseada, estruturada tendo en conta os artigos secundarios e se é mellor que o orixinal, benvido sexa. Dese xeito se respeta o traballo de todos, non vos esquezades que estades a criticar un artigo no que se está a traballar aínda. Alma (fálame eiquí) 18:37, 16 novembro 2007 (UTC)
Desculpa, Alma, eu non estou a criticar ningún artigo. Estou a facer propostas de mellora. Sorpréndeme de todas maneiras que digas que "se decidiu manter o tamaño na es.wp". Quizais coñeces máis documentos que eu non vexo, pero na talk de es.wp non se decidiu iso. En todo caso, aínda que na es.wp se decidise estruturalo en artigos máis pequenos, máis cómodos de consultar, máis comprensibles e usables, sen por iso perder a súa unidade, nós non teriamos por que facelo. --Xabier Cid 18:52, 16 novembro 2007 (UTC)
  • Na wiki es este artigo forma parte do Wikiproxecto Arxentina, que máis que Wikiproxecto é un macro proxecto, e está debatido o tema en máis dun sitio. Se tes moito interese, busco a ligazón, pero levaráme o tempo de revisar os máis de 100 e pico artigos traídos xa á Galipedia. En canto ás propostas de mellora, síntoo, discordo contigo, eu entendo por propostas, un plantexamento razoado, baseado e estruturado, dicir, por exemplo, hai que mudar a cama non é facer unha proposta, dicir por exemplo, poderíamos mudar a cama e porlle sabas de franela, duas mantas e un edredón, xa ten visos de algo parecido a unha proposta. Iso non significa que ti teñas que facer á cama, só que fas unha proposta seria. Entendelo? Neste caso, facer unha proposta seria significa tomarse o traballo de ler todo o que levamos feito e decidir onde cortas e onde fusionas cada un dos multiples artigos relacionados. Sin esquecer que o artigo é largo porque contempla medio século da historia recente de Arxentina. O dito, que se tendes unha proposta seria, eu (porque xa vexo o panorama) faría o traballo. Alma (fálame eiquí) 19:11, 16 novembro 2007 (UTC)
  • Como colaborador do wikiproxecto de Dereitos Humanos, e como "usuario común", non entendo que nun proceso colaborativo alguen sinale un erro, e en vez de tratar de correxilo ou propoñer algo, que faiga é simplemente remarcar o erro escandalizado. Seica "o artigo é moi longo" , ¿e o artigo Mississippi, que está proposto para destacado, tamén vai ser malo por iso? veña ho!". Se eu fose mal pensado, pensaria que non é mais que unha campaña contra ti, Alma,talvez por apoiar a quen non debias, aqui o mellor é dicir sempre "si señor". permíteme que che dea unha recomendación: sigue traballando nel, que estás facendo un traballo fabuloso e deixa de lado as provocacions: curioso que de repente se lancen en tromba con críticas destrutivas . Ao final acabarán con xustifications tales como que "etimoloxía é unha ciencia cabalística", ou dicindoche de novo que xogas co sistema, ou, ao final, dicindoche que te vaias do proxecto, como me dixeron a min. É dificil traballar tranquilos cando te están espreitando e acosando. ---- Maañón00 (o que ho?) 19:56, 16 novembro 2007 (UTC)
  • Prezada Alma, eu creo que podemos dar dous pasos. O primeiro é se entendemos qu un artigo de 177kb é demasiado grande e se, os que poidamos, e na medida en que poidamos, decidimos estruturalo dunha maneira diferente para mellorar a súa usabilidade. Ao mellor resulta que 177 kb nos parece axeitado e non temos que romper máis a cabeza. Eu entendo que ese era o sentido das palabras de Alberte e, como pensaba o mesmo referente a esta cuestión concreta, por iso deixei a miña opinión. Outra cousa é que, se cremos que é así, determinemos como é a mellor maneira de estruturalo. Polo que ti dis, parece que está deslixitimado opinar sobre a lonxitude dun artigo sen propoñer onde hai que facer os cortes. Non o creo así, pero, por exemplo, coido que:
    • Hai artigos secundarios creados a partir deste que aínda conservan unha parte moi longa de texto neste. Ás veces, esa parte longa inclúe citas e outros datos que creo que se poderían extractar, tendo en conta que xa están recollidos no artigo específico dedicado á cuestión. Por exemplo, a parte que fai referencia aos centros clandestinos ou á operación Cóndor.
    • Hai outras partes das que non existe de momento ese artigo principal, e para as que se podería crear. Por exemplo, a que fai referencia á política represiva da ditadura, aos autores e facilitadores, ou ás consecuencias. En moitos destes casos existen citas textuais bastante longas que "pesan" bastante e que na miña opinión estarían mellor nun artigo de seu.--Xabier Cid 20:27, 16 novembro 2007 (UTC)
  • En todo caso, creo que ti sabes moito máis deste tema ca min, e que ti podes ver mellor como organizar os contidos cunha estrutura máis cómoda. Creo que sería bastante soberbio pola miña parte opinar máis neste sentido. --Xabier Cid 20:30, 16 novembro 2007 (UTC)

Prezado Xavier, o artigo está en proceso de edición, entendo polas túas palabras que te unes ao wikiproxecto, cousa que me énche de ledicia pois necesitamos moitas mans e gañas de traballar pois queda moito que facer e coas túas ideas, moito máis. Dentro do Wikiproxecto podes engadir por exemplo as distintas suxerencias que se te vaian ocurrindo para ir debaténdoas xa que todo está en proceso de edición e todo polo tanto é mellorábel. Se queres unha vez xa na páxina do wikiproxecto e un pouco máis desenroladas, explicas os artigos e as citas que consideras que deben ser refundidas e de qué artigos te ocupas ti. Grazas e benvido!!! Alma (fálame eiquí) 20:33, 16 novembro 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 49 ligazóns externas en Guerra sucia na Arxentina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 05:45 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 6 ligazóns externas en Guerra sucia na Arxentina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 19:50 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Guerra sucia na Arxentina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de febreiro de 2019 ás 03:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 54 ligazóns externas en Guerra sucia na Arxentina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de xaneiro de 2020 ás 10:06 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 55 ligazóns externas en Guerra sucia na Arxentina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de febreiro de 2020 ás 10:47 (UTC)[responder]