Conversa:Gondor

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No tocante ao termo "aurigas" referido á confederación de tribos hostís do leste da Terra Media, non atopei unha opción mellor cá empregada na versión castelá. O orixinal inglés é wainriders, literalmente "condutores de carros" ou "carreteiros". O problema é que a primeira opción resultaría longa de máis, e a segunda ten connotacións inaxeitadas. Con todo, cómpre dicir que "aurigas" ten tamén un groso problema: é unha referencia culta de máis para o concepto ao que fai referencia (os wainriders aparecen descritos como bárbaros invasores, e o termo "auriga" suaviza este compoñente negativo). Así as cousas, convido a calquera que teña unha idea mellor a modificar o texto. Un saúdo.--Manudosde 11:29, 9 marzo 2008 (UTC)