Conversa:Germán Lago

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Hai moitas cousas estranas no artigo. Primeiro hai datos sen referenciar xa que na obra de Navarro e Rey non aparecen. Segundo, non me parece posible que un estudiante que faga nun ano a carreira de violín sexa inmediatamente proposto como profesor do mesmo centro, sendo o Conservatorio de Madrid o máis importante de España nesa época. Probablemente non obtivo a praza de profesor senon o título de profesor. En todo caso preguntei no arquivo do Conservatorio de Madrid e non teñen constancia del como profesor nese periodo. En todo caso estou a traballar nun aspecto puntual da biografía de Germán Lago e gustaríame coñecer todas as referencias que haxa respecto del. Un saúdo --Paavoerbau (conversa) 8 de outubro de 2013 ás 14:22 (UTC)[responder]