Conversa:Gando

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tipos de gando[editar a fonte]

Pareceme que deberianse retirar estes tipos de gando :

  1. Piscicultura  : Cría de peixes.
  2. Cunicultura  : Cría de coellos.
  3. Apicultura  : Cría de abellas.
  4. Avicultura  : Cría de aves.

Segun a RAG gando refirese a animais de catro patas, e segun a RAE a palabra ganado refirese a un conxunto de bestias (dandolle por outra banda o sentido de conxunto das abespas dunha colmena), e logo a palabra bestia segun a RAE refirese a animal cuadropedo e a animal domestico de carga. Penso que na wikipedia en castelan xa se daran conta. ¿ Pero eiqui xa se pode facer ? ElviraConversa comigo 14:59, 30 abril 2008 (UTC)

  • Concordo, o dicionario da RAG déixao moi claro: animais mansos de catro patas.--Arco de Rayne 15:14, 30 abril 2008 (UTC)
  • Pois eu discordo. Por experiencia propia sei que o concepto se gando é moito máis que as bestas de 4 patas. Son moitas as fontes serias que utilizan conceptos como gando ou facenda para outros animais criados polo home, como coellos e aves domésticas; a aplicación ás abellas tamén se fai, pero é menos común; nunca o vin aplicado ós peixes. Dade un paseo pola páxina da consellería de Medio Rural e veredes referencias diversas, baixo o concepto xenérico de gandería, a coellos e aves; supoño que non as haberá a outros animais, pero non o comprobei. Facede tamén a proba na do Minsiterio de Agricultura, Alimentación e Pesca (ou como se chame agora). Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 20:25, 30 abril 2008 (UTC)
  • Un dos problemas do artigo, ademais do curto que é e que non tiña referencias externas. O anterior comentario estaba baseado na referencia da RAG pero se é certo que a utilización do termo gando é na práctica máis amplo que os animais de catro patas penso que se debe engadir ao artigo coas referencias externas que o confirmen.--Arco de Rayne 21:24, 30 abril 2008 (UTC)
  • Concordo con Arco de Rayne ElviraConversa comigo 22:04, 30 abril 2008 (UTC)