Conversa:Galería de imaxes de aves

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galería de paxaros é unha galería para ilustrar e permitir identificar os paxaros da páxina Glosario de paxaros. Inclúe información sobre o nome vulgar e científico de cada paxaro, vínculo ao artigo na Galipedia (para crealo ou consultalo cando o haxa) e un enlace ao material gráfico dispoñible en Commons (mediante o uso do Template:Comm. Un dos obxectivos, ademais do expresado antes, é mellorar a integración con Commons e permitir atopar con maior facilidade o material a través de enlaces en galego alí. En canto ao sentido de Glosario de paxaros é sumistrar información sobre os nomes galegos dos paxaros xunto con información adicional. Non se trata nada máis que dunha listaxe de nomes, posto que iso sería contradictorio cos criterios que vimos seguindo en canto ás listas (só deben existir cando permiten ampliar información sobre o que hai clasificado nas categorías). Os nomes dos paxaros están baseados no material recollido en User:Prevert/paxaros. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:20, 10 setembro 2006 (UTC)

Nomes dos páxaros[editar a fonte]

  • Non entendo de páxaros, mais algúns que aparecen na galería xa teñen un artigo no que constan con outro nome, como por exemplo Arao pequeno (Alle alle), Arao piro ou Merlo común (Turdus merula), Merlo. O mellor ha ser procuralos polo nome científico e crear páxinas de redirección. Non o fago eu porque, como xa dixen, non entendo. --Xosé (✉) 17:35, 12 setembro 2006 (UTC)
No caso do Arao piro semella que o nome correcto é Arao pequeno, consultei varias fontes e é o nome galego que utilizan. Non a movín porque quería ter outras opinións. Unha parte das fontes están na parte inferior da páxina User:Prevert/paxaros, outras pódense procurar en Google. Guíeime polas máis fiables e recoñecidas.
En canto a Merlo común e Merlo, no caso do páxaro que inclúa no seu nome a palabra común basta con redirixir ao nome sen esa palabra. Sobre ás redireccións en xeral o mellor semella redirixir o nome científico de cada paxaro ao seu nome vulgar, sempre que exista este último. Mesmo sería útil ter unha dobre clasificación, por unha banda as categorías que correspondan aos nomes vulgares e outras nas que as redireccións estean clasificadas de acordo cos nomes científicos. Dese xeito sería moi doado relacionar e atopar os paxaros. O problema principal neste momento é que hai poucos artigos de paxaros e levará un tempo completar o esquema. Por certo, o dito sobre os paxaros é aplicable aos insectos, plantas, árbores, etc. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:52, 12 setembro 2006 (UTC)
      • MOITA XENTE, ENTRE OS QUE EU ME CONTO, NON SABE CAL SON OS NOMES EN GALEGO DE DETERMINADOS SERES VIVOS (ESPECIALMENTE PEIXES, PAXAROS E PRANTAS), OU OS CONFUNDE COS NOMES EN CASTELÁN:PENSO QUE ESTARÍA BEN POÑER EN CURSIVA OU EN PEQUENO O NOME CASTELÁN DEBAIXO DE CADA UN DELES. SINTÓO`POLAS MAIÚSCULAS: ACABO DE DARME CONTA. CONSIDÉRAO, PREVERT. SAUDIÑOS.--Norrin_strange (Talk) 18:50, 12 setembro 2006 (UTC)
Difícil cuestión, quizais no futuro Glosario de paxaros, que é unha páxina de texto, poidan ir nunha columna —como información adicional— os nomes en castelán e portugués, pero para iso é preciso que outros colaboradores boten un man. Aínda que sexa paradoxal se iso é en beneficio da lingua galega benvido sexa. Non obstante gustaríame saber a opinión doutros usuarios. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:36, 12 setembro 2006 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Deadstar engadiu o marcador de borrado Copyvio en Image:Mauersegler_3.jpg: copyvio(diff);

-- CommonsTicker 18:15, 21 marzo 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Zirland eliminou Image:Mauersegler_3.jpg: In category [[:category:Copyright violation|Copyright violation]]; not edited for 7 days;

-- CommonsTicker 14:17, 28 marzo 2007 (UTC)

Mellor: Galería de aves[editar a fonte]

O concepto "paxaros" aplicámolo ás aves pequenas, non a tódalas aves. Unha andoriña é un paxaro para todos, pero un voitre non. Así que propoño cambia-lo nome da entrada, como tamén en glosario de paxaros. Pedro --Lameiro 16:00, 4 agosto 2007 (UTC)

  • Tedes razón, procedo a mudalo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:44, 13 agosto 2007 (UTC)