Conversa:Géyser

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Realmente non temos unha palabra en galego para isto? --Toliño Fala aquí comigo 17:58, 26 de marzo de 2012 (UTC)

O Dicionario Xerais da Lingua recolle geyser sen til, e para o plural géyseres. O Dicionario Xerais de Sinónimos e Antónimos "geyser s.m. 1. fonte termal, manancial, volcán 2. fumarola, solfatara". O Gran Dicionario Cumio da Lingua Galega géyser con til. Benigno Fernández Salgado no Dicionario de Usos e Dificultades da Lingua Galega di: "A forma galega adaptada máis común é guéiser. Nese caso, debería marcarse en cursiva. O VOLG recolle o anglicismo sen acento geyser". Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:27, 26 de marzo de 2012 (UTC)
Ben, creei algunha redirección. Comprobade que todas son pertinentes. Grazas pola información. --Toliño Fala aquí comigo 18:36, 26 de marzo de 2012 (UTC)

Segundo o DRAG[1] a forma correcta é géyser.--Jglamela (conversa) 28 de setembro de 2015 ás 17:32 (UTC)[responder]