Conversa:Fraíz, Olives, A Estrada

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Segundo a veciñanza mais lonxeva dp lugar existe unha nomenclatura que divide Fraíz en catro partes, atopando: "A CANCELA", "A LAXE", e demais. Así e todo, o feito de modificar esta páxina faise especialmente máis complicado cando se require dunha fonte de información verificada, sendo a maioría destes datos froito de conversas con veciñas e veciños da zona, polo que considero que un contacto directo entre o creador da páxina e un servidor, podería axudar a crear unha páxina que faga máis xustiza a Fraíz, así como outros moitos lugares da contorna como son o Fieitoso, San Martiño, etc. Agardo resposta. --MarcosBorrageros (conversa) 19 de xaneiro de 2015 ás 15:58 (UTC)[responder]

Respondo: Marcos, este proxecto non se basea en tradición oral, traballos de campo ou investigacións orixinais, senón en fontes acreditadas publicadas. Tes máis información diso en Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria, Wikipedia:Verificabilidade, Wikipedia:Citar as fontes...).
En concreto, no caso da toponimia relativa a Galicia, guiámonos polo nomenclátor oficial: [1]. --. HombreDHojalata.conversa 19 de xaneiro de 2015 ás 21:37 (UTC)[responder]