Conversa:Foxo de lobo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Título do artigo noutras linguas[editar a fonte]

Este é un bo artigo, que fala da nosa cultura.

Entre outras cousas para quitarlle o {seniw}, estou pensando levalo (traducilo) á es.wiki (de entrada, despois podería facerse tamén noutras linguas), máis ... non teño claro cal pode ser o nome do artigo en castelán. Cal creedes que pode ser?! --HombreDHojalata conversa 19:04, 5 marzo 2010 (UTC).

Polo que di o propio artigo, en León (Provincia) chámaselle chorco, que é un nome ben feo, todo hai que dicilo. Será curioso que, por unha vez, a es:wp se alimente da gl:wp. Felicitémonos. --Xoacas(Góstache o pemento?) 20:57, 5 marzo 2010 (UTC)

Non sería a primeira vez (es:Francisco Elvira Cuadrado, es:Aclis ascaris, es:Fortunato Cruces Angueira, es:Consejería (España)). Comecei a facelo para poñerlle interwiki ós nosos. Traducir os artigos de tema galego a outras linguas é outra forma de dar a coñecer a cultura galega. --HombreDHojalata conversa 21:20, 5 marzo 2010 (UTC).

  • ¿E por que non, simplemente, foso de lobo? Copio de http://www.altoesla.com/MedioAmbiente/Caza_Lobo.htm (León) a seguinte descrición, que coincide exactamente cos nosos foxos: "Callejos, chorcos u hoyas. Consistían en dos muros de piedra de varios centenares de metros de longitud, separados entre sí una distancia variable por uno de sus extremos; por el otro convergín sin llegar a juntarse, dejando un angosto espacio que desembocaba en un foso de forma más o menos cuadrada, a veces circular, y de una profundidad que podía oscilar entre los tres o cuatro metros. Los muros estaban atravesados por portillas para el tráfico de carros por el monte; estas portillas se atrancaban durante las batidas mediante troncos. En la parte superior, los muros estaban rematados con lajas dispuestas en forma de visera hacia el interior. El lobo se veía pues forzado a correr hasta precipitarse al foso.". Preguntando a San Google por "foso del lobo" responde tamén con páxinas de Burgos, Cantabria e Portugal. Unha das respostas (Untitled) dávos unha revista da Lama cun artigo sobre o foxo do lobo moi completiño. Pedro --Lameiro (conversa) 21:52, 5 marzo 2010 (UTC)

Unha boa chea de veces a wikipedia hispana traduciu artigos da Galipedia. Boa parte dos persoeiros galegos son traducións da nosa wikipedia. --Alberte Si, dígame? 22:19, 5 marzo 2010 (UTC)

Eu voto foso de lobo, e a vivir. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:22, 5 marzo 2010 (UTC)

A miña dúbida viña porque en galego hai as dúas palabras, foxo e foso. Entendo que a palabra foso do galego corresponde con foso do castelan. Máis foxo, do galego, penso que corresponde con hoyo do castelán... Pero parece claro que debe ser Foso del Lobo, co artigo incluído. --HombreDHojalata conversa 22:40, 5 marzo 2010 (UTC)