Saltar ao contido

Conversa:Foguete espacial

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Ola, estou a traducir foguete espacial e teño problemas para traducir correctamente dúas palabras:

  • bocal (aparece 4 veces no apartado Pricipio de funcionamento)
  • estágio (aparece 3 veces en tipos de foguetes, que xa cambiei a estaxio, pero non aparece nos dicionarios galegos)--Xoán Carlos Fraga 12:17, 8 novembro 2005 (UTC)

O bocal é o "tubo de escape", non? Supoño que asi non se chama. Soa-me tobera, pero seguro que isto é español. Os estágios son as "etapas" (cando menos, en español). Xosé (✉) 12:25, 8 novembro 2005 (UTC)

  • Tobeira aparece nos dicionarios como a parte posterior por onde sae o gas nos motores a reacción, non sei se hai máis sinónimos--Rocastelo(fálame aquí) 17:26, 8 novembro 2005 (UTC)

  • Xa o teño case listo, grazas á axuda de Xosé e Rocastelo, aos que lles agradezo a súa axuda. Case xa o deixaba, mais aínda quero asegurarme da tradución de "jato". Aparece tres veces no artigo da wiki portuguesa, a primeira é a expresión "aviao a jato", que traduzo por ´avión a reacción´. Porén, despois jato (que aparece nos apartados Principio de funcionamento -contra o final do mesmo- e O futuro -tamén no final-) non aparece na mesma expresión, e non sei se reacción é a tradución correcta.--Xoán Carlos Fraga 21:53, 8 novembro 2005 (UTC)
  • Jato pódese traducir como chorro--Rocastelo(fálame aquí) 22:10, 8 novembro 2005 (UTC)