Conversa:Filoloxía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Filoloxía é 'afección á linguaxe' e non 'afección ao coñecemento' (filosofía)[editar a fonte]

Estudo filoloxía. 'Filos' e 'logos' non significaría 'afección á lingua' ou 'amante da linguaxe'? 'Logos' en grego pódese traducir como linguaxe. 'Logopeda' podería ser outra palabra na que 'logos' leva o significado de 'fala' ou 'linguaxe'. Logopeda é 'aquel ensina a falar'. Encóntrolle moito máis sentido que a 'afección ao coñecemento'. Iso é 'filosofía' e non 'filoloxía'. Non estou rexistrado pero non podo evitar comentar o artigo e propor unha posible rectificación.

Saúdos.

  • A verdade sempre pensei que filoloxía era "afección ou amor" á "palabra" ou "lingua". O lexema grego 'logia' -do grego λόγος- pode significar 'falar racionalmente, estudo, ciencia', e esta multiplicidade de significados despista; eu creo que normalmente se usa co significado de "afección ou amizade" á "lingua" (non diría linguaxe porque é un termo máis amplo), polo que estou de acordo coa persoa anónima. Na wiki en español poñen: filología, “amor o interés hacia las palabras”. Tamén é certo que no artigo se fala de ´afección ao coñecemento´ en xeral, mais creo que non é a mellor tradución.--Xoán Carlos Fraga 22:08, 17 xullo 2007 (UTC)


Textos antigos[editar a fonte]

Desde cando a filoloxía é o estudo dos textos antigos, a RAG di na súa segunda acepción que é o estudo dunha lingua e da súa literatura por medio dos textos escritos, e na primeira é o comentario, fixación ou reconstrución de textos literarios.--Sernostri (conversa) 5 de marzo de 2013 ás 10:53 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Filoloxía. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 18:40 (UTC)[responder]