Conversa:Esterco

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Hai varias cousas que non comparto:

  • Confúndese esterco con excremento e non é a mesma cousa. Que os excrementos se utilicen como esterco non quere dicir que designen o mesmo concepto. O excremento, coa cama, coa urina e todo mesturado ó ser pisado, fermenta e convértese en esterco. Por iso non se pode botar directamente na terra senón despois desa fermentación.
  • "En agricultura empréganse principalmente as escouras de ovella, de gando vacún, de cabalo e de galiña". ¿Desde cando "escoura" ten este significado?
  • "Xacando, tamén as de pomba". E o excremento de calquera animal doméstico, como o coello. E, en tempos, o humano tamén formaba parte do esterco.
  • "Actualmente úsanse tamén as do morcego". ¿Onde? De ser certo, ha ser un uso moi residual, como o guano das aves mariñas.
  • "Cos abonos sintéticos, os estercos deixaron de empregarse bastante na agricultura convencional". En absoluto: segue empregándose abondo. É a agricultura intensiva a que deixou de usa-lo esterco, por razóns de cantidade e superficie, e dunha suposta maior riqueza fertilizante do 15-15.
  • "a agricultura ecolóxica os recupera polo seu valor xa que non só proporcionan nutrintes ao chan senón que achegan materia orgánica e favorecen a presenza de microorganismos do chan". Nin os nutrientes nin os microorganismos (que non "son os responsables da fertilidade da terra") son a razón do uso do esterco na agricultura ecolóxica, senón o rexeitamento dos produtos químicos e da sobreexplotación dos recursos.

Pero non sei ata que punto todo isto é un feito ou é a miña opinión. Por iso non sei que podo cambiar e que non. Pedro --Lameiro (conversa) 13:00, 7 decembro 2009 (UTC)

O artigo ven da WPes, e ollando os das WP en, es e fr podése decir que son mellores. Todo o dito por Lameiro non podo certificalo por non ser especialista, pero polo que anduven perquisando semella que ten bastante razón. No tocante a cabeceira penso que só perquisando nun dicionario debese corrixir. Pola miña banda Lameiro (ou outro usuario que teña os suficientes coñecementos para realizar modificacións con espiritu critico) ten a miña confianza para mellorar o artigo e si necesario retirar o que sexa dubidoso. Digo Lameiro, non só porque expresouse nesta páxina, pero porque ten coñocementes basicos que lle permiten de operar no tema, e tamén porque comprobou moitas veces que manexa ben as regras wikis sobre contidos. No caso que ninguén bote unha mán o artigo habra que por un marcador de atención Elvira (conversa comigo) 13:09, 25 decembro 2009 (UTC)