Conversa:Esteiro, Muros
Dúbida sobre os datos de poboación do século XVII
[editar a fonte]Boas, alguén me pode indicar de onde sairon os datos de poboación do século XVII? Porque sospeito que ten que haber algún un erro. Seguramente a fonte orixinal puxese "veciños" que é a forma na que as fontes antigas se referían aos cabezas de familia, polo que non habería 29 habitantes, senón 29 familias, ao redor de 130 persoas, vivindo en esteiro. E inda así parécenme moi poucas.
Estamos falando de que de ser certa esta cifra a poboación da vila teríase multiplicado por 70 en 300 anos. Un ritmo moi superior ao crecemento medio de Galiza, que como moito triplicou ou cuadruplicou poboación nese período. Ten máis sentido que Esteiro pase de 130 habitantes aos 2000 que ten hoxe ca que parta só de 29. E inda así sería un ritmo de crecemento moito maior que o da media galega. A demais, no Catastro de Ensenada, feito no 1750, que se pode consultar na web da rede de arquivos españois, pon que a vila conta xa nesa altura con 146 veciños (o que sería sobre 660 habitantes). En suma, unhas cifras de crecemento de poboación que me parecen demasiado altas.
É a primeira vez que edito wikipedia, desculpade se cometo algún erro, por favor indicádemo. Manolo Ager (conversa) 11 de xuño de 2022 ás 21:10 (UTC)
- @Manolo Ager: puxen unhas referencias e mudeino por «fregueses», que vén sendo «veciños». En calquer caso leo tamén na referencia que «Esteiro, como núcleo independente de poboación, non existía ata a chegada dos chamados fomentadores cataláns a finais do século XVIII», e daí virá o aumento de poboación. One2 (conversa) 25 de xullo de 2022 ás 17:26 (UTC)
- Vale, agora fica máis clara a información. Moitas grazas. En calquera caso, o establecemento das fábricas de salga catalás si que lle da máis sentido ao crecemento de poboación. 83.165.52.206 27 de xullo de 2022 ás 09:43 (UTC)