Conversa:Periferia de Epiro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Epiro»)

Untitled[editar a fonte]

Non ten este wikiusuario moitos coñecementos da prosodia grega, antiga ou actual. Pero son significativas dúas circunstancias:

  1. O título do artigo é Épiro, pero comeza: "Epiro é..."
  2. Os varios artigos da Galipedia nos que entra o termo, por exemplo Despotado de Epiro, aparece o topónimo sen acento gráfico.

Por iso fixen a corrección e a redirección. --XoioÉche o que hai 15:07, 10 de febreiro de 2012 (UTC)

Épiro ou Epiro[editar a fonte]

Vin esta conversa e, en parte por alusións, posto que eu fun o que editou o artigo de Despotado de Epiro, tentarei contestarche. En primeiro lugar, escribin Epiro, aínda que eu sempre pronunciara Épiro (a formación castelá é o que ten), porque ao editar o corrector dicíame que había un erro e dábame a forma Epiro sen til como alternativa. Consultei a EGU e vin que aparecía sen til, como palabra grave. Logo vin como era a palabra en grego (onde é esdrúxula) e en latín (onde é grave): supoño que de aí nace o feito de ser grave en latín [1], pois ten a penúltima longa, e como adaptamos os helenismos pasándoos pola prosodia latina por iso temos Epiro. Non sei se hai outras referencias que aducir nun sentido ou noutro. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 17:52, 10 de febreiro de 2012 (UTC)