Conversa:Enoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pode alguén revisar o léxico relacionado co viño? En galego hai unha gran riqueza de palabras sobre o viño, como este artigo é unha tradución do castelán semella que pode haber imprecisións nos termos recollidos nos apartados 'Aroma' e 'Sensacións'. Grazas de antemán. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:49, 8 outubro 2008 (UTC)

Cor máis ¿teza?[editar a fonte]

No artigo dise que ...os taninos nos viños tintos se oxidan e van tomando unha cor máis "teza" ou apagado típico das sustancias oxidadas. ¿Que cor é esa? ¿Pode ser un erro taquigráfico por texa? Pedro --Lameiro (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 22:46 (UTC)

Tella; refírese á cor tella.--Sernostri (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 22:52 (UTC)