Conversa:Deportivo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

??? vale que Deportivo ten diferentes acepcións... mais no referentes a clubes deportivos penso que se excede un pouco... equipos como Numancia ou Espanyol, en galego non son coñecidos coma "Deportivo", senón coma "Numancia" e "Espanyol", a lista de asociacións ou clubes deportivos parece máis unha lista con todas aquelas que conteñen no seu nome completo a palabra "Deportivo" e non daqueles qeu son coñecidos especificamente como "Deportivo". Ademais a primeira acepción, a de "Que é pertencente ou relativo ao deporte", parece máis a acepción que pode ser recollida nun diccionario máis que nunha enciclopedia, penso que só se deberían recoller as acepcións referentes a equipos de fútbol que son coñecidos especificamente coma "Deportivo" e publicacións que tamén sexan coñecidas con ese nome. Tampouco estaría demais, dado que en galego cando falamos de "Deportivo" estamos a falar moi maioritariamente do clube de fútbol da Coruña, que se tecleas Deportivo sexas levado á páxina adicada a este clube e qeu apareza na parte de arriba un aviso de homónimos (p.ex. igual que cando tecleamos Morris, que nos leva á páxina do actor, e nos avisa de que existen homónimos e aí podemos ir á páxina do autor de banda deseñada).—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.42.12.235 (conversacontribucións) 14 de xuño de 2009‎

Uso excesivo das bandeiriñas?[editar a fonte]

Exactamente, para que serve esa chea de bandeiriñas nunha páxina de homónimos? Cando xa hai uns apartados por países. --. HombreDHojalata.conversa 19:22, 10 de marzo de 2012 (UTC)

As bandeiras nas páxinas de homónimos sobran. Supoño que chegaron por unha tradución da Wikipedia en castelán. Na miña opinión habería que retiralas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:51, 11 de marzo de 2012 (UTC)