Conversa:Damas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Xa nin me lembro de cando xogaba ás damas, polo que non sei se o erro está no texto do artigo ou na foto que o ilustra. O artigo di que “Para xogar ás damas utilízase un taboleiro cadrado de 8 filas e columnas igual ó do xadrez”, pero o taboleiro da foto ten 10x10. Segue dicindo que “Cada xogador dispón de 12 fichas dunha mesma cor distinta á do contrario”, e na fotografía cada xogador ten 20 fichas. E remata dicindo que “A casa inferior dereita debe ser de cor negra”, e na foto esa esquina inferior dereita é branca. Quen entenda disto saberá onde está o erro e terá que arranxalo. Pedro --Lameiro (conversa) 22:35, 3 xullo 2008 (UTC)

  • É lóxico xa que o artigo é incompleto, non hai un só xogo de damas, as damas internacionais ou damas polacas (10x10) son as damas máis coñecidas internacionalmente e na que se fan os torneos internacionais, pero en Galicia e creo que en xeral en España xógase nun taboleiro de 8x8. E hai moitísimas variedades locais coas súas propias regras --Arco de Rayne 13:53, 4 xullo 2008 (UTC)