Conversa:Chícharo de raposo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No DRAG non pon en ningures que o chícharo de raposo sexa a semente do tremoceiro. Recóllese como o nome da planta.--HacheDous=0 (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 13:51 (UTC)[responder]

No dicionario de alimentos e restauración:chícharo de raposo: semente da planta do mesmo nome; sinónimo: chícharo bravo.--HacheDous=0 (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 13:56 (UTC)[responder]
Para o DRAG o chícharo de raposo é o L. angustifolius para o Dicionario de alimentación e restauración é o L. albus. Supoño que popularmente eses nomes, e seguramente algúns outros, serían os que recibirían todas as especies do xénero Lupinus pero á hora de escoller un nome formal para cada especie semella que as cousas non están nada claras.--HacheDous=0 (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 14:13 (UTC)[responder]
Modifiquei a redacción, polas referencias indicadas é o nome que reciben as plantas, no dicionario de dicionarios aparecen algúns nomes para o xénero e para especies pero tamén parece claro que chícharo de raposo era un nome común tanto para L. albus como para a angustifolius.--HacheDous=0 (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 14:18 (UTC)[responder]
Atopei unha proposta para este caso en "Un idioma preciso" [1]:Lupinus luteus: chícharo de raposo amarelo; Lupinus albus: chícharo de raposo branco; Lupinus angustifolius: chícharo de raposo azul ou chícharo de raposo de folla estreita.--HacheDous=0 (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 14:30 (UTC)[responder]