Conversa:Cerdeira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non entendo moito de botánica mais penso que hai un erro co nome científico da cerdeira. No artigo dise que é Prunus cerasus cando creo que é Prunus avium. Dígoo porque íame poñer a facer un artigo sobre o guindeiro que, segundo a bibliografía que consultei e outras wikipedias, é o que leva o primeiro nome. Agardo uns días para facer o cambio por se alguén dá razóns para mantelo como está. Saúdos!--Xosé Antonio (fálame sempre) 18:19, 5 de febreiro de 2012 (UTC)

Nome: cerdeira ou cerdeira brava?[editar a fonte]

Tanto as variedades bravas ou silvestres que atopamos en Galicia, como as cultivdas através dos séculos son da mesma especie: Prunus avium que é realmente o que é este artigo, malia seren de variedades diferentes. Tornarei o nome do artigo a simplemente cerdeira, porque comportará tanto a brava como a cultivada. De todos o xeitos isto é unha xustificación máis de porqué os artigos deberían nomearse de xeito científico.Nachonion (conversa) 09:44, 1 de setembro de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cerdeira. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de febreiro de 2020 ás 21:27 (UTC)[responder]