Conversa:Calcaria

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

É un erro usar a palabra caliza, o correcto é chamarlle calcaria (calcário en portugués, que tamén evita o castelanismo caliça); para referirse á pedra calcaria.

Calcario, como adxectivo, significa algo que contén cal, que é un produto que se obtén coas rochas calcarias mediante un proceso tecnolóxico.

Tamén existen unhas esponxas mariñas calcarias.

Conclusións:

  • Trocarlle o nome a esta páxina polo de calcaria e redirect calcario a esta. E facerlle un outrohomónimos a esponxas calcarias.
  • Poñerlle un marcador de esbozo.
  • Ollo coa palabra calcáreo que tampouco existe, e é un erro bastante común tamén.

83.165.42.54 10:56, 11 decembro 2008 (UTC)

  • Concordo plenamente, como referencia existe este Léxico de xeografía [1] e a consulta dos dicionarios no que calizo, caliza non aparece ou aparece como erro.--RNC 15:02, 11 decembro 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (xullo 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Calcaria. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de xullo de 2019 ás 06:55 (UTC)[responder]