Conversa:Córgomo, Vilamartín de Valdeorras

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modificar datos da información que aparece sobre Córgomo.[editar a fonte]

Santa Comba non ten nada que ver con Córgomo. Si acaso ten que ver Santa Marta, que é a patrona de Córgomo. Supoño que, en algún momento, por error, alguén debeu introducir este dato, relacionando Santa Comba con Córgomo, é ben curioso que este erro sexa copiado ata pola propia administración. Córgomo está asentado nunha atiga mina romana, similar As Medulas de Ponferrada. Calculase a existencia de Córgomo nuns mil anos, segun o arqueologo valdeorres Santiago Ferrer Sierra, que nunca falou nos seus escritos de ningún documento que relacione os dous nomes, Santa Comba e Córgomo. Desgraciadamente, moitos estudantes incluso profesores fan estudos da comarca a partir da información de Galipedia ou Wiquipedia, estendendo a desinformación ata puntos increibles. Seria moi interesante que esta información a corrixan. Axunto texto da Enciclopedia Galega Universal, que aporta datos interesantes sobre Córgomo e outras poboacións de Valdeorras:

A antigüidade do poboamento amósase nos restos megalíticos e castrexos que se conservan, como os petróglifos e mámoas de Arnado ou A Madalena ou o castro das inmediacións de Valencia do Sil, habitado polos cigurros. Os romanos iniciaron a explotación mineira do Sil en Córgomo e Valdegodos. Na Idade Media fundouse o convento de Correxais, dos padres trinitarios descalzos. Durante o Antigo Réxime, as parroquias que integran o actual concello de Vilamartín de Valdeorras pertenceron ás xurisdicións de Valdeorras, señorío do conde de Ribadavia; e Merindade de Aguiar, señorío do marqués de Villafranca. Coa formación dos primeiros concellso ao abeiro da Constitución de 1812 xurdiron os de Vilamartín e Correxais. En 1835 creouse o concello de Vilamartín de Valdeorras

Non o di a Galipedia, o di a Xunta de Galicia: http://www.xunta.es/nomenclator/arbol.jsp?prv=2&con=265&par=3080
E xa que cita vostede á Enciclopedia Galega Universal, olle para aquí: "Parroquia do concello de Vilamartín de Valdeorras baixo a advocación de santa Comba." (negras engadidas). --. HombreDHojalata.conversa 18:42, 10 de marzo de 2012 (UTC)