Conversa:Birlos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Proposta de unificación[editar a fonte]

Non sei se non deberíamos unificar esta páxina coa de Birlos Celtas. Os birlos que describe este artigo só responde á modalidade derribo. Sendo que ao meu entender debería describir ambas as dúas: derribo e pasabolos, e logo remitir nun artigo dintinto cada una delas. Varperalta (conversa) 18 de xuño de 2020 ás 08:01 (UTC)[responder]

Gústame como teñen organizado na Wikipedia en inglés. Teñen un artigo xeral sobre os xogos con birlos (Bowling) e despois artigos para cada modalidade ou variedade (Ten-pin bowling, para o xogo máis coñecido por influencia dos EUA; Bowls, para a modalidade sobre herba; Irish road bowling; para a variedade irlandesa que se xoga na estrada; Skittles, para o xogo histórico orixinal, etc., etc.) Ifrit.eu (conversa) 1 de febreiro de 2022 ás 12:59 (UTC)[responder]

Nome do artigo[editar a fonte]

Penso que este artigo debería chamarse 'Birlos americanos' (ou Birlos estadounidenses), pois só describe a modalidade "de salón" xogada con dez birlos popular nos EUA e dende aí en practicamente todo o mundo. Outra opción sería manter o nome de 'Birlos' e facer un artigo central máis amplo sobre os xogos con birlos, as súas orixes e demais; e crear o artigo 'Birlos americanos', a onde se movería este contido. --Ifrit.eu (conversa) 1 de febreiro de 2022 ás 13:09 (UTC)[responder]