Conversa:Biodiésel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O primeiro parágrafo da sección Inconvenientes, onde se contan as consecuencias da “explotación de plantacións para palmas de aceite (utilizadas para facer biodiesel)”, é máis que discutible. A reforestación das selvas con plantacións “produtivas” (nótense as comiñas), en Sumatra, Borneo e tantos outros sitios, e as catastróficas consecuencias medioambientais destas técnicas, é moi anterior ó biodiésel. Os datos e cifras que se dan deberían verificarse, e as últimas afirmacións (sobre as torturas ós indíxenas e a actitude dos gobernos de mirar cara outro lado) son ben pouco obxectivas (enciclopédicas) e faltas de imparcialidade. Pedro --Lameiro (conversa) 16:13, 13 outubro 2007 (UTC)