Conversa:Bandeira de Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Primeiro ponto[editar a fonte]

O primeiro ponto de "Outras bandeiras e símbolos históricos" xa está comentado anteriormente. Na miña opinión habería que borralo. --Sr71 (conversa) 18 de outubro de 2014 ás 21:37 (UTC)[responder]

e a bandeira de nunca máis ten que estar xunto cas oficiais? :S un pouco raro..--87.218.177.2 13:39, 19 marzo 2008 (UTC)


Aviso de CommonsTicker[editar a fonte]

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Angr eliminou Image:Flag_galicia_kingdom.png: In category [[:category:Images with unknown source as of 13 July 2006|Images with unknown source as of 13 July 2006]]; not edited for 54 days;

-- CommonsTicker 14:27, 5 setembro 2006 (UTC)

Violación do copyright[editar a fonte]

A primeira parte do artigo é unha violación do copyright, está copiado desta páxina:[1].--Fryant 01:12, 16 agosto 2007 (UTC)

Resposta: Bandeiragalega.com non ten copyright (http://www.bandeiragalega.com/iniciativa.htm) "Desde 2005, a iniciativa www.BandeiraGalega.com pretende contribuir a espallar o coñecimento e o uso da simboloxía histórica galega en dous eixos básicos de acción: Favorecendo o reuso e a republicación noutros medios de todos os contidos recollidos neste website, para provocar un efecto multiplicador que faga chegar esta iniciativa a todos os contextos da sociedade galega." —o anterior comentario sen asinar foi feito por 86.141.105.95 (conversacontribucións) 10:00, 22 de marzo de 2011
Na lexislación española, ante a ausencia dunha licenza expresada de modo explícito, sobreenténdese que todos os dereitos quedan reservados. O texto mencionado non fai referencia a ningunha outra licenza, e o proporcionar contidos de forma gratuíta non implica a renuncia a todos os dereitos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:08, 22 de marzo de 2011 (UTC)

Quixera saber, por curiosidade e por rigor do artigo, cal é a fonte da afirmación de que "...Castelao deseñou dúas versións deste escudo." Ata onde eu sei, soamente deseño a versión ca fouce e a estrela.6470N3620 14:31, 30 outubro 2009 (UTC)

  • Borro mención a un primeiro deseño do escudo coa bandeira e achego referencia do deseño coa fouxe e a estrela. Borro tamén a afirmación de que isto sexa "de inspiración claramente comunista". Pedro --Lameiro (conversa) 23:54, 30 outubro 2009 (UTC)
Resposta: Este é o primeiro deseño orixinal do escudo de Castelao, que non contiña a estrela vermella: http://www.librosaulamagna.com/img/portadas/978-84-7339-156-6.jpg . A versión en portugués de Sempre en Galiza, do ano 2004, tamén inclúe o escudo sen a estrela vermella. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 86.141.105.95 (conversacontribucións) 10:00, 22 de marzo de 2011
A ligazón está rota. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:08, 22 de marzo de 2011 (UTC)


A bandeira xa aparece descrita na prensa entre o 30 de xuño e o 2 de xullo de 1898, en diversos diarios galegos:

http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1031670&presentacion=pagina&posicion=1
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1046327&presentacion=pagina&posicion=1
http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1078460&presentacion=pagina&posicion=1

Alén diso, neses diarios dise que se trata dunha información orixinal do diario Gaceta de Galicia, que é o mesmo diario onde disque publicaron a aparición da bandeira galega durante o traslado dos restos de Rosalía.

Por outra parte, no Eco de Galicia, en Bos Aires, non foi publicada a devandita descrición até setembro dese mesmo ano:

http://www.realacademiagalega.org/destaque-publicacion/-/asset_publisher/K5an/content/a-primeira-descricion-da-nosa-bandeira

Polo tanto, a hipótese de que a bandeira veu de latinoamérica e ten orixe na provincia marítima da Coruña non é en absoluto concluínte e consecuentemente revertín a última edición, a cal ademais tamén era subxectiva. Jorges65 (conversa) 27 de febreiro de 2014 ás 04:25 (UTC)[responder]

Nestoutra ligazón pódese comprobar que na Gaceta de Galicia do 19 de abril de 1892 (seis anos antes cas publicacións anteriores) aparece unha completa descrición da bandeira: http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1070871&presentacion=pagina&posicion=1 Jorges65 (conversa) 27 de febreiro de 2014 ás 05:03 (UTC)[responder]

Uso civil da bandeira de estado[editar a fonte]

Dieperdel, si, evidentemente unha é a bandeira de estado e a outra a civil, mais o feito é que a de estado é empregada de xeito civil e mesmo como pavillón ―aínda que te multan ([2], [3], [4], [5], [6], [7], [8]), mais usar úsase. Daquela a pregunta sería se o simboliño debe indicar o que é nominalmente a bandeira ou o seu uso real. Na miña opinión deberíase indicar o uso, pois creo que ese é o obxectivo do devandito símbolo. One2 (conversa) 7 de marzo de 2021 ás 20:24 (UTC)[responder]