Conversa:Atila en Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Para os que saiban idiomas: en "Atila en Galicia", as láminas veñen nunha cuarta lingua que non identifico. Copio un fragmento da presentación para que me digades qué é: "Ibland omforma martyrerna varlden till nagot som de sjalva inte tankt sig". Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:43, 21 xaneiro 2009 (UTC)

  • É sueco--Biógrafo 20:54, 21 xaneiro 2009 (UTC)
    • ¡Sueco! ¿E que pode pintar ese texto en sueco nunha colección de estampas dun galego publicadas en Nova York? Sei que se expuxeron (os 3 álbums) con moito éxito en Moscú, pero ¡sueco! A vida nunca deixará de sorprenderme. Bueno, que grazas e logo o engado no artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:03, 21 xaneiro 2009 (UTC)
  • Supoño que terá que ver con quen a editou a CNT, e o público ó que ía dirixido, en España pola situación de guerra civil poucos exemplares se venderían, supoño que boa parte irían a anarquistas dos poucos países europeos onde na época había liberdade de sindicación, e o sindicato anarquista sueco,a Sveriges Arbetares Centralorganisation, con máis de 30.000 membros nos anos vinte (e probablemente bastantes máis nos 30) era o maior sindicato anarquista de Europa fóra de España. (A tradición anarquista fora máis forte en Italia con 500.000 membros da Unione Sindicale Italiana e quizais se non triunfara a Italia fascista, no canto do sueco aparecería o italiano)--Biógrafo 21:38, 21 xaneiro 2009 (UTC)
Vaites! Hoxe vou para cama sabendo algo máis que cando me erguín dela. Alberte Si, dígame? 22:41, 21 xaneiro 2009 (UTC)