Conversa:Alfabeto galego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No meu Pequeno Xerais do ano 1991 (!) o CH e o LL aparecen como letras, exemplos semellantes aparecen en diccionarios de castelán ¿por que fan isto os diccionarios? ¿para facilita-la busca ou é que verdaderamente non hai consenso nas academias? --Adalbertofrenesi(talk) 15:26, 15 Abr 2005 (UTC)

  • O galego non as considera letras, aparecen comon dígrafos (igual que gu, qu ou rr), aínda que na primeira redacción das normas si aparecían como letras, realmente non sei cando mudou de criterio . O castelán tamén cambiou hai pouco o seu criterio (1994), e aínda que as segue considerando letras (a diferenza do galego), nos dicionarios deben aparecer categorizadas no c ou l, desaparecendo a clasificación en ch ou ll, aínda que non sei se todos os dicionarios aceptaron estes criterios (puidera ser que algúns manteñan aínda a clasificación con ch e ll).--Rocastelo 16:25, 15 Abr 2005 (UTC)

galego antigo[editar a fonte]

Na parte de galego antigo cómpre ter en conta que, a diferenza do reintegracionismo actual, o z era /ts/, o g (ante e, i) era /ʒ/...entre outros... —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nachonion (conversacontribucións)