Conversa:Aldara de Celanova

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O artigo de Ilduara Eriz está fusilado do de Aldara de Celanova que é o orixinal e que debe prevalecer. É falsa a expresión "nada como Ilduara Eriz" pois este non é o nome latinizado que sería o propio da época. Quer por evolución lingüística, quer por asimilación, Aldara en Galicia refírese á santa nai de SanRosendo de Celanova, unha nobre galega de primeira importancia na historia de país. A prevalencia de Aldara actualmente pódese comprobar no crecente número de nenas que reciben en Galicia este nome fronte a forma arcaizante Ildaura ou a castelanizada Ilduara.

Na wikipedia en galego temos bastantes tarefas pendentes como para fusilar artigos e inventar problemas.

Así pois rogo que se elimine a ocurrencia do artigo duplicado Ilduara e se manteña o de Aldara con todas as melloras e matizacións que queiran introducirse.


Concordo debe quedar Aldara de Celanova, a copia co nome Ildaura e menos aínda o castelán Ilduara non ten sentido ningún. 13 de febreiro 201091.116.152.135xalundes91.116.152.135