Conversa:Afroamericano

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Ver esta proposta. Tamén estaría ben incluír nesta entrada unha ligazón á categoría correspondente.

Zumbi, 12 de agosto de 2007

  • O primeiro que habería que delimitar é se a forma afroestadounidense ten uso nos traballos históricos, de xeografía humana ou calquera outro e se nalgún traballo, libro ou o que sexa se emprega a forma afroamericano para un negro arxentino por exemplo; eu nunca o vin así empregado, cada termo ten as súas orixes e aínda que un exipcio sexa africano un americano de orixe exipcia xamais sería considerado afroamericano en ningún estudo, debemos pois aternos ao uso que xa existe--André 09:43, 12 agosto 2007 (UTC).
  • Poñendo os dous termos en google pode verse que, aínda sen ser maioritario, en medios científicos si que se está producindo esta mudanza. Incluso combinando a expresión "afroamericanos" cos distintos paises de América (p.ex. Colombia ou Brasil) aparecen unha serie de referencias, a maior parte a cursos e libros. A expresión afroestadounidense tamén ten abondosa presenza. Outro argumento a favor é que a wikipedia en español recolle o sentido que eu propoño, especificando que o termo se orixinou nos Estados Unidos e despois se extendeu para o resto de América. Pódese especificar tamén, que se refire só á África sub-sahariana.

Zumbi, 12 de agosto de 2007