Conversa:Aerógrafo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non sei se será un erro ou só unha explicación confusa, pero non entendo como é posible que o aerógrafo fose "ideado polo inglés Charles Burdick en 1893" se logo resulta que "O primeiro aerógrafo débese a Abner Peeler que o inventou en 1879". Pedro. --Lameiro 22:47, 7 xuño 2007 (UTC)

  • Despois de mirar o artigo inglés penso que é un erro de redacción, en 1893 Charles Burdick ideou o primeiro tipo de aerógrafo moderno pero o invento foi de Abner Peeler en 1879. Atopei imaxes do deseño orixinal de Peeler nesta páxina:[1], interesante web onde tamén fala de Burdick [2], a diferenza debe estar na definición, o de Abner non era un aparello de precisión polo que intuín desa páxina, era un mero distribuídor de pintura.Acerto 16:31, 8 xuño 2007 (UTC)