Conversa:Aditivo (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Vou facer uns artigos sobre os aditivos alimentarios pero me atopo con esta páxina de homónimos que me desconcerta un pouco. Buscando a simplicidade á hora de escolle-los títulos e convencido como estou de que o concepto aditivo (sen adexctivos) designa para todos nós os aditivos alimentarios, ¿sería posible cambiar esta páxina a "aditivos (homónimos)", e deixar libre a que só se titule "aditivos" (bueno, supoño que en singular: aditivo)? Mentres algún administrador decide, irei adiantando traballo en word. Pedro --Lameiro (conversa) 17:13, 10 abril 2008 (UTC)

Quizais me precipitei un pouco, pero aí queda o debate. Tódalas outras wikis (as que mirei, claro) utilizan a forma completa "aditivo alimentario". Quizais a miña impresión de que sobra o adxectivo sexa unha fixación profesional, pero é que é así como o vexo: se preguntas a calquera qué é un aditivo (sen apelidos), dirache que unha cousa que se lle engade ós alimentos. Pedro --Lameiro (conversa) 18:43, 10 abril 2008 (UTC)

A segunda opción desta páxina de homónimos é "Aditivo, unha función matemática" e ese "aditivo" enlaza con "adición". ¿É correcta esta acepción? ¿Existe "aditivo" (masc) como función matemática? ¿Non será "función aditiva" (feminino)? Pedro --Lameiro (conversa) 20:08, 19 abril 2008 (UTC)

  • Mirando no historial era precisamente función aditiva onde ligaba ese aditivo nas primeiras versións: [1] aínda que non sei se é precisa esta páxina de homónimos, tan só está ligada en Conversa:Aditivo, e desde que se moveu desde aditivo o 10 de abril tivo só 17 visitas, ou unha media de 2 por día (case seguro que só de usuarios habituais, o máximo foi o 18 de abril coincidindo coa súa aparición en cambios recentes) [2] .--Arco de Rayne 20:29, 19 abril 2008 (UTC)
    • Entón ¿de acordo con cambiar esa 2ª opción a "aditiva: función matemática"? Pedro --Lameiro (conversa) 21:48, 19 abril 2008 (UTC)