Conversa:Abreviatura

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Nunca tiven moi clara a diferenza entre abreviatura e abreviación, e a lectura dos dous artigos non mo acaba de aclarar. No artigo, despois de explicar as formas e usos, inclúense os símbolos, siglas e acrónimos como se fosen formas particulares de abreviaturas e abreviacións (co que empeza a confusión). E dise que "algunhas abreviaturas e abreviacións que seguen unhas regras propias de uso, como son os símbolos, as siglas e os acrónimos". Dentro dos símbolos (que son "abreviacións de carácter científico técnico") cítase o caso concreto das unidades de medida, e aí si que me saltan os esquemas, xa que nunca foron abreviaturas (nin abreviacións). Isto é cousa vella, pero se queredes referencia, e ben clariña, lede o recente RD que establece as unidades legais de medida: "Los símbolos de las unidades son entidades matemáticas y no abreviaturas" (RD 2032/2009). Alguén de letras, coas ideas máis claras, debería revisar este artigo e aclararnos as cousas ós de ciencias. Pedro --Lameiro (conversa) 13:01, 31 marzo 2010 (UTC)