Conversa:A Capela

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Parroquias segregadas en 1982[editar a fonte]

A parroquia de San Xoán do Freixo nunca pertenceu ao concello da Capela. A parroquia segregada foi a de San Xoán da Seixa. Esta parroquia tivo unha perda continuada de lugares desde comezos dos anos setenta para deixar espazo á mina de ceo aberto das Pontes e á súa escombreira. En BOEs dos anos 72, 73 e 74 aparecen novas sobre expropiacións para tal fin.

Esta evolución pódese apreciar nos mapas topográficos do IGN: Na 1ª edición do mapa 0022 escala 1:50.000 do ano 1944 aparece a parroquia de San Juan del Seijo e unha manchea de lugares dela. Na edición de 1985 do mesmo mapa desapareceron case a totalidade dos lugares e a parroquia aparece co nome actual de Seoane (San Xoán), aínda que situada no medio da escombreira (naquelas datas a escombreira estaba en movemento continuo). Na actualidade só quedan dous lugares desta parroquia na parte noroeste do concello.--Xosé Antonio (fálame sempre) 14:44, 20 de febreiro de 2012 (UTC)