Conversa:Équidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

  • A clasificación taxonómica inclúe un taxón: subxénero, que non creo que exista. Hai xéneros, especies e, se cadra, subespecies, pero non subxéneros.
  • A grafía "ORDE dos perissodactylos" mestura latín e ¿galego/castelán?. Ou escribimos "Perissodactyla" (cursiva e maiúscula) ou "perisodáctilos" (galego).
  • Do mesmo xeito, non existe a "Familia equina". Ou escribimos "Familia équidos" ou "Familia Equidae". Persoalmente, prefiro reserva-lo latín só para escribi-lo binomio xénero+especie (cousa obrigatoria, por outra banda) e galeguizar no texto tódolos demais taxóns (équidos, perisodáctilos, mamíferos), excepto se se expresa nunha táboa, clasificación ou como queiramos chamalo.
  • As denominacións comúns e científicas das diferentes especies non coinciden coas contidas no artigo cebra. Claro que, a verdade, é que en cebra só deberían estar as diferentes cebras, e aquí, en équidos, tódolos équidos.
  • A inclusión das familias Tapiridae (tapires) e Rhinocerotidae (rinocerontes) parece fóra de lugar pero ten sentido se se dixera que son as tres as únicas familias vivas da orde dos perisodáctilos. O caso é que faltaría indicar que os équidos pertencen á suborde Hippomorpha mentres que as outras dúas familias pertencen á suborde Ceratomorpha.
  • Pedro. --Lameiro 18:59, 24 xuño 2007 (UTC)